CulturaCulturaÚltima hora

O humor de David Amor, o 15 de xullo no Auditorio de Quiroga

O monólogo comezará ás 22:30 horas
O actor e humorista galego, David Amor.

É dos poucos galegos que teñen participado en El Club de la Comedia, e o seu paso polo programa de televisión da Sexta, serviulle a David Amor para artellar o novo espectáculo co que está percorrendo teatros de toda España.

Tralo seu comezo en El Club del Chiste de Antena 3, este actor e humorista pontevedrés xa non parou e no seu historial na TVG hai títulos como Rei da Comedia,  Supermartes, Luz de Lúa, A terra dos prodixios e O programón, entre outros.

Na ficción tamén contarán con el participando en series como Mareas vivas, 4º sen ascensor ou Pataghorobí, logrando  salto a nivel nacional, no programa de Antena 3 El Club del Chiste onde coincide con humoristas como Leo Harlem. Nos últimos anos participou na serie Aquí paz y después gloria de Tele 5 onde coincide co gran Antonio Resines, e máis recentemente en Gym Tony de Cuatro e Augasquentes da TVG.

Actualmente conduce o late night galego Con Amor e Cia sen deixar de lado a súa faciana como monologuista que o achegará ata Quiroga a vindeira fin de semana. David Amor actuará o sábado 15 de xullo no Auditorio Municipal a partires das 22:30h. O acto está organizado pola Asociación Qui-Roma de Quiroga.

Entradas en ticketea.com (10 € anticipada / 12 € en taquilla).

Artigos relacionados

Back to top button