OurenseÚltima hora

O humor de José Corbacho, este sábado 21 de abril no Carballiño

O actor e director presentará o seu monólogo “Corbacho 5.0” no Auditorio
Cartel do monólogo “Corbacho 5.0”.

Os móbiles, Internet, as redes sociais, as aplicacións máis estrañas, o whassap, os memes e a tolemia tecnolóxica que nos rodea, segue dando xogo a José Corbacho para meter todo iso nunha coctelera e xuntalo con vivencias persoais e a actualidade para crear máis dunha hora de espectáculo de humor.

Co seu monólogo “Corbacho 5.0” o polifacético artista, presentador, director, e actor José Corbacho, chegará este sábado, 21 de abril, ao auditorio municipal do Carballiño, no marco do ciclo Carballiño Comedy 3.

O espectáculo comezará ás 21 horas e as entradas poden adquirirse de xeito anticipado nos restaurantes Comonacasa e A Fuchela ou en www.woutick.es , ao prezo de 10 euros, ou na taquilla dende media hora antes do comezo, a 12 euros.

Artigos relacionados

Back to top button