CulturaCulturaÚltima hora

O humor “sen etiquetas” do afamado espectáculo “The Hole” chega ao Auditorio de Ourense

Unha posta en escena con circo, cabaret, burlesque, e moito máis, que fará rir aos ourensáns do 30 de marzo ao 2 de abril
O espectáculo preséntase como humor sensual sen etiquetas.// Foto: Carlos Asensio 

Provocación, desenfreno, humor, circo, burlesque, cabaret “e moito cachondeo”, estes son os ingredientes que enchen o exitoso espectáculo “The Hole” (O Buraco) que chega ao Auditorio de Ourense dende o 30 de marzo ao 2 de abril. O coordinador da xira, Carlos Alexandre, comentou que detrás deste espectáculo, creado por Letsgo e “que xa leva case 7 temporadas sobre as táboas”, están nomes como Paco León, Secun de La Rosa ou Yllana.

Segundo comentou Alexandre, o espectáculo estivo en máis de 70 cidades dende a súa estrea en 2011, “e Ourense era unha das nosas pendentes, e agora estamos aquí”, dixo. O coordinador reiterou que “The Hole” é un espectáculo que tivo máis dun milleiro de espectadores e, debido ao seu éxito, “levounos a facer unha segunda parte, ‘The Hole 2’, e unha precuela ‘The Hole Zero’ “, que actualmente está no Teatro Calderón de Madrid.

“The Hole” está estruturado coma se fose un cabaret no que hai diferentes personaxes. Un deles e o mestre ou mestra de cerimonias “que nos convida á súa casa”, explicou Carlos Alexandre. Este mestre vai cambiando, e para Ourense escolleron á actriz Cristina Medina (Sevilla 1971), que é coñecida por interpretar a Nines Chacón, na serie “La que se avecina”. Canda a ela hai un total de 16 actores e 10 técnicos “cunha coreografía espectacular”, dixo o coordinador, que asegurou que o obxectivo principal é o de “recuperar o xénero do cabaret, e de facelo ao grande”. O técnico asegurou que o espectáculo é “humor sensual sen sexo nin etiquetas”.

Á presentación de hoxe no Auditorio acudiu Almon, “que vén de almóndiga”, explicou Carlos Alexandre, e é un dos personaxes principais de “The Hole” interpretado por Austin Guerrero. Na súa intervención animou ao público galego “a que veña a vernos porque están as cousas moi malas e hai que rir”. Almon asegurou que o mellor desta obra é “a liberdade, enerxía e alegría que ten a xente cando vén a ver o espectáculo”. O actor asegurou que a interactividade co público está presente durante as dúas horas que dura e dez minutos que dura o espectáculo (cun entreacto).

En canto ao seu personaxe, asegurou que “leva a carga dramática e a cómica ao mesmo tempo”. Asegurou que é como a guinda dun pastel “cargado de talento e de personaxes intrigantes”. Reiterou que Almon está ao servizo do público, é dicir, “moi preto, para que a xente o pase ben”.

Almon é un dos personaxes principais de “The Hole” e o interpreta Austin Guerrero. // Foto: Carlos Asensio. 

Calendario e entradas

O xoves 30 de marzo ás 20:30 horas.

Venres, 31 de marzo, ás 19:30 e 22:30 horas.

Sábado, 1 de abril, ás 19:30 e 22:30 horas.

Domingo, 2 de abril, ás 18:00 horas.

O prezo das entradas van dende 21,75 a 33 euros, segundo a función elixida.

 

Artigos relacionados

Back to top button