CulturaCulturaÚltima hora

O I Camiño dos Fornos e das Airas de Soulecín (O Barco) que se celebrará o 7 de xuño, incorpora unha andaina

Ángel Álvarez, da Asociación de Veciños de Soulecín, na presentación da ruta./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Fervenza, A Aceña, O Forno, A Aira do Fondo, A Fonte, O Lavadoiro, A Aira do Teso, A Escola, A Aira do Pico, A Aira do Santiago e A Aira dos Bolos. Son as paradas do percorrido que propón a Rede Etnográfica de Soulecín (O Barco de Valdeorras), unha iniciativa que nacía dos veciños, coa intención de “crear un arquivo da memoria onde coñecer máis detalles sobre a historia e a tradición da aldea”.

A primeira actividade vencellada á rede, o I Camiño dos Fornos e das Airas de Soulecín, terá lugar o vindeiro 7 de xuño. Comezará ás 13:30 horas e haberá tapas salgadas entre as que estará a empanada de maravallas e doces, regadas con viños de Valdeorras e estará amenizado por cantos de taberna e foliada a cargo dos grupos Pándega e Castro Columbrianos. Unhas horas antes, ás 11 horas, haberá unha camiñada cultural que sairá da praza de Viloira sen necesidade de inscrición previa.

 

 

Para esta primeira edición os puntos de degustación serán dúas airas e tres fornos, un comunal e dous privados “que puxeron a disposición da Asociación, rematando todos xuntos na praza con queimada ao son do grupo Carta de Ajuste”, tal como avanzaban na presentación.

As entradas custarán 20 euros en taquilla e 17 anticipada (á venda en Zapatería Moral e Autoservicio Gavela en Viloira). Os nenos de ata 12 anos pagarán 5 euros.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button