CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Carlos Casares de Viana e o IES Juglar A. Gómez de Sarria, na 2ª fase do proxecto “Observa-Acción”

 

O IES Carlos Casares de Viana do Bolo e o IES Juglar Afonso Gómez de Sarria veñen de desenvolver conxuntamente a segunda fase do proxecto “OBSERVA-ACCIÓN”, financiado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

“Logo dunha primeira fase de observación entre iguais no propio centro, ambos institutos realizaron visitas de observación entre si. Durante o último mes de curso un grupo de 5 profesores de Viana viaxou primeiro a Sarria, e uns días despois, 5 profesores do instituto de Sarria desprazáronse ata Viana do Bolo”, explica o director do IES Carlos Casares, Carlos Ferreiro.

Durante as visitas realizáronse observacións entre profesores, das súas clases, co fin de mellorar a súa práctica profesional, e tamén, observacións da organización e funcionamento de cada centro e dos proxectos de innovación. Así, por exemplo, os docentes vianeses observaron o proxecto de radio da escola e da biblioteca de Sarria, e os sarriáns observaron o proxecto de educación emocional e o de convivencia en Viana do Bolo, entre outros.

 

 

“Un dos aspectos comúns é o continuo descenso do número de estudantes. Para visualizar a realidade do alumnado, un grupo de ambos os centros visitou Chaguazoso, en Vilariño de Conso, para coñecer as viaxes diarias que teñen que realizar algúns rapaces e rapazas e o seu contexto. Dende a observación realizada, hai convenios que comezarán a desenvolverse a partir do mes de setembro deste mesmo año, con diferentes liñas de cooperación entre ámbolos centros”, adianta Ferreiro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button