Recuperando unha participación que se perdera nos últimos anos, alumnos de 4° da ESO, Bacharelato e Ciclo Medio de FP do IES Cosme López Rodríguez, asistía na mañá deste luns 25 de novembro ao acto celebrado no Concello da Rúa pola conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Na praza do Concello rues os estudantes lian o seu propio manifesto, a continuación da lectura do manifesto municipal, mentres os seus compañeiros de 1º, 2º, 3º ESO e FP Básica celebraban un acto paralelo no propio instituto, onde colocaron unha reivindicativa e fermosa decoración con mensaxes polo 25N.


Fotos cedidas.



