En portadaÚltima hora

O IES Lauro Olmo do Barco comeza un novo curso de forma paulatina

Na mañá deste mércores 15 de setembro empezaban os alumnos de 1º e 2º da ESO

 

Progresivamente e mantendo un ano máis o protocolo sanitario establecido pola Xunta ante o Covid, arrincaba o novo curso 2021/2022 no IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

Así, na mañá deste mércores 15 de setembro eran os alumnos de 1º e 2º da ESO os que, tralas vacacións de verán, accedían ao centro ás 8:30 e 8:40 horas respectivamente, pola porta principal grande.

Mañá, xoves 16 de setembro, comezarán os de 3º de ESO (entrarán ás 8:30 horas pola porta principal grande) e os de 4º da ESO (entrarán ás 8:40 horas pola porta principal pequena). E o venres día 17 farano os de 1º de Bacharelato (11 horas pola porta principal pequena); os de 2º de Bacharelato (11:30 horas pola porta principal pequena); e os de Ciclos Formativos (12:30 horas pola porta traseira do edificio).

E xa na vindeira semana comezarán as clases os da FP Básica (luns 20 de setembro, ás 8:30 polo acceso traseiro do centro); os de 1º e 3º de educación para adultos, ESA, (xoves 23 de setembro ás 18 horas pola porta principal pequena) e os de ZM Dependencia (xoves 23 de setembro ás 18:30 horas pola porta principal pequena).

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button