CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

O IES Martaguisela do Barco fomenta a creatividade literaria no marco do Día do Libro

A través das redes sociais e da aula virtual do instituto, quen o desexe pode compartir as súas aportacións

 

Malia as circunstancias, no IES Martaguisela do Barco de Valdeorras non quixeron deixar de celebrar este ano tamén o Día do Libro, 23 de abril. Por iso, e botando man das novas tecnoloxías, dende o Departamento de Lingua Castelá e Literatura propuxeron unha iniciativa audiovisual a través da aula virtual e tamén das redes sociais para que, ao longo de toda esta semana e tamén parte da que vén, quen queira comparta as súas aportacións.

A idea é “inundar a rede das vosas lecturas favoritas, das vosas creacións”, din na proposta, feita a través dun vídeo. Que cada alumno e profesor comparta as súas aportacións: recomendacións musicais para poñer banda sonora a esta semana; elixir un fragmento do libro favorito (de teatro, narrativa, prosa,…); versos propios; unha audiolectura. Tamén se poden compartir caligramas, videopoemas, textos propios,…

As posibilidades son infinitas e a acollida da proposta moi boa, segundo a xefa do departamento, Manuela Álvarez, quen recoñece que a idea xurdía hai apenas uns días “dunha tarde de loucura entre os compañeiros, para intentar sacar algo deste confinamento, aproveitando as novas tecnoloxías que tivemos que actualizar case á forza”, recoñece, asegurando que os alumnos están respondendo moi ben.

 

Artigos relacionados

Back to top button