CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

O IES Martaguisela do Barco recibe un cadro do artista Jesús Díaz Ferrer, futuro ‘Valdeorrés Ilustre’

 

O 28 deste mes de maio o IEV nomeará ‘Valdeorrés Ilustre’ a Jesús Díaz Ferrer, artista polifacético e multidisciplinar difífil de encasillar nun estilo concreto, cuxa colorista obra loce dende hoxe no IES Martaguisela do Barco de Valdeorras.

 

 

Na mañá deste martes 5 de maio, aproveitando o recoñecemento oficial que lle farán a finais de mes no Casino, o instituto barquense organizaba un acto para salientar a súa figura. Nun salón de actos cheo de alumnos de diferentes cursos, Eugenio Martínez (propietario de parte da obra de Díaz Ferrer) falaba da traxectoria do artista e da súa propia vinculación co creador dunha obra que o conquistou dende o primeiro momento, empregando parte do seu patrimonio en adquirir moitos dos seus cadros.

 

 

Un deles é o que cedeu ao Martaguisela e sobre o que os alumnos do Bacharelato de Artes e doutros cursos con plástica lle fixeron preguntas. “Que foi o que fixo que te interesaras pola súa obra?”; “De que ano é o cadro?”; “En canto está valorado?”,… entre outras cuestións ás que Martínez ía conquistando na medida das súas posibilidades, antes de que dous dos alumnos procedesen a descubrir o cadro que posteriormente colgarían na parede dun dos pasillos do centro.

Unha oportunidade de ouro para dar a coñecer ao alumnado parte da obra deste ilustre e aínda pouco coñecido pintor valdeorrés.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver

Back to top button