CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

O IES Martaguisela do Barco, un dos 30 centros da provincia que participa no programa “Nena e Deporte”

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitaba o instituto na mañá deste luns 11 de decembro

 

Aproveitando a intensa xornada de traballo no Barco de Valdeorras, na mañá deste luns 11 de decembro o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitaba o IES Martaguisela para asistir a unha das actividades incluídas no programa “Nena e Deporte” para o fomento da igualdade de xénero no deporte en idade escolar, unha “Xincana non sexista” que incluíu diversos xogos e adiviñas sobre profesións, na que participaban preto de medio cento de estudantes de 3º da ESO.

 

 

Trinta centros educativos da provincia van participar no programa en colaboración coa firma “Gesto Deportivo”. Precisamente, a actividade desta mañá forma parte da fase 4 do plan, con probas deportivas que se realizan por equipos, e permite mellorar as relacións do grupo; fomentar o traballo en equipo; concienciar sobre a importancia de facer sentir ben e iguais ás compañeiras e compañeiros; ou desprogramar o subconsciente de hábitos lingüísticos entre outras claves.

Luis Menor dirixiu unhas palabras aos participantes, destacando o apoio constante da Deputación ás actividades que promoven a igualdade, lembrando tamén I Concurso Provincial contra a Violencia de Xénero e dirixíndose ao alumnado díxolles: “Xa vos convido a participar na vindeira edición para implicarvos precisamente a vós nesta tarefa: facervos partícipes e conscientes desta problemática social”.

 

 

Tamén tivo Menor palabras de agradecemento ao profesorado polo seu traballo e implicación, “por sumarse a esta iniciativa e facela propia”. O presidente provincial concluíu a súa intervención cun especial fincapé cara o alumnado. “Quero animarvos a que participedes nesta actividade porque o traballo que fagades agora será clave para lograr unha sociedade mellor, máis xusta no futuro. A prevención que implantedes hoxe é fundamental para elo, e por iso desde a Deputación queremos poñer o noso gran de area”. Xunto a el, o alcalde de O Barco, Alfredo García pediu aos rapaces que “non permitades ningún de vos falten ao respecto”.

No acto desta mañá tamén estivo presente  a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras e deputada provincial delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González, o deputado provincial Aurentino Alonso; a inspectora de Educación Eva Muñiz; o xefe territorial de Educación, Jorge Rubén Sampedro; a directora e vicedirector do instituto, María del Carmen Gamarra e David Ramos; así como o profesor de Educación Física, Antonio Morado.

Artigos relacionados

Back to top button