CulturaCulturaÚltima hora

O IEV e o Casino do Barco programan para febreiro unha conferencia sobre “as pinturas prehistóricas de Pala de Cabras en Casaio”

Será o venres día 9 ás 20 horas e contará coa colaboración de Sputnik Labrego

 

Un dos ídolos oculados das pinturas rupestres de Casaio./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Instituto de Estudos Valdeorreses e a Sociedade Casino do Barco volven unir forzas na programación de eventos culturais. Desta volta trátase dunha conferencia prevista para o venres 9 de febreiro ás 20 horas coa colaboración de Sputnik Labrego.

Baixo o título “As pinturas prehistóricas de Pala de Cabras, Casaio: novos achádegos e novas propostas para o futuro dun sitio único”, o evento pretende “dar a coñecer os traballos realizados nos anos 2021/ 2023 e as propostas para por en valor este lugar e situalo no mapa como un dos centros neurálxicos do noroeste de España”, tal como avanza o presidente do IEV, Aurelio Blanco Trincado.

A conferencia contará coas intervencións de Francisco Carrera Ramírez (da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia); de Manuel Santos Estévez (do Instituto de Ciencias do Patrimonio, CSIC); e de Carlos Tejerizo García (da Universidad de Salamanca), director do proxecto.

Artigos relacionados

Back to top button