OurenseÚltima hora

O II Campionato de Tapas e Pinchos reunirá en Ourense a cocineros de toda Galicia

O evento, organizado pola Academia da Tapa e o Pintxo de España, celebrarase días 16 e 17 de outubro

Presentación do II Campionato de “Tapas e Pintxos”.

 

O II Campionato de Tapas e Petiscos de Galicia, organizado pola Academia da Tapa e o Pintxo de España, coa colaboración da Deputación de Ourense, celebrarase os días 16 e 17 de outubro en dúas sedes: Casal de Armán e o hotel Oca de Allariz.

A presentación do campionato tiña lugar na mañá deste luns 4 de setembro na sala de prensa da Deputación de Ourense, nun acto no que participou o deputado provincial de Turismo e o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o presidente da Academia da Tapa e o Pintxo de España, Mikel Martínez; e o presidente da asociación Cociña Ourense, Gerson Iglesias.

Na súa intervención, Rosendo Fernández agradeceu á Academia que escollesen Ourense para celebrar esta segunda edición galega, porque nos vai a permitir “continuar proxectando a imaxe da nosa provincia como destino enogastronómico de calidade”. Unha perspectiva de Ourense “que non sería posible promocionar sen o arduo traballo que diariamente realizan os profesionais do sector desde os seus diferentes negocios”, destacou o deputado provincial. Neste sentido, Gerson Iglesias dixo que este campionato “vai poñer en valor o noso traballo e creatividade” e animou os participantes para usar nas súas elaboracións “os nosos produtos nos seus petiscos, para poder continuar promocionando a riqueza e variedade da nosa terra”.

Pola súa banda, Mikel Martínez destacou “a riqueza enogastronómica desta provincia” e animou aos cociñeiros para participar cun petisco ou tapa que se poida comer en dúas ou tres bocados e que o escandallo sexa máximo de 1,80€.

 

Gerson Iglesias, Rosendo Fernández y Mikel Martínez na presentación do II Campionato de “Tapas e Pintxos”.

 

O II Campionato de Tapas e Petiscos de Galicia é unha aposta pola gastronomía en miniatura para incentivar a innovación entre os hostaleiros galegos, promocionar aos pequenos produtores ourensáns e ás empresas do sector agroalimentario. Está dirixido a un máximo de 50 profesionais de cocíñaa representantes das catro provincias galegas.

Os hostaleiros interesados en participar pódense inscribir gratis desde a web www.academiadelatapa.com. Os participantes do Campionato ofrecerán nos seus establecementos a tapa do concurso no II Roteiro de Tapas e Petiscos de Galicia do 6 ao do 15 de outubro.

Os participantes elaborarán as tapas en formato showcooking en tres boxes de cociña instalados nun escenario, diante dun xurado composto por recoñecidos profesionais da cociña en miniatura procedentes doutros territorios de España. O Campionato repartirá entre os hostaleiros gañadores máis de tres mil euros en produtos das empresas patrocinadoras.

Previa á celebración do Campionato, os bares e restaurantes rexistrados ofrecerán nos seus establecementos as tapas coas que competirán por ser a mellor de Galicia, nun percorrido polas catro provincias galegas do 6 ao 15 de outubro.

Artigos relacionados

Back to top button