DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O II Memorial Jesús Carrera enfrontará ao Tres Cuñados FS co Valpaços FC de Portugal

O partido de fútbol sala en homenaxe a Jess, celebrarase este sábado 8 de setembro ás 18:30h. no pavillón de Calabagueiros

A memoria de Jesús Carrera, o eterno 3 do Pizarras Los Tres Cuñados FS, está máis viva que nunca. Así demostra a II edición do memorial de fútbol sala que se xogará o vindeiro sábado 8 de setembro na súa honra. O partido comezará ás 18:30h. e nel os xogadores do equipo valdeorrés enfrontaranse ao Valpaços FC da segunda división portuguesa.

A presentación do partido tiña lugar na tarde do 5 de setembro no Concello do Barco contando coa presenza dos capitáns, David e Bruno (irmán de Jesús), do concelleiro de Deportes do Barco Aurentino Alonso e de parte do equipo técnico, Roberto e Xocas, o míster.

Nese acto, tanto Roberto como Bruno aseguraron que o sábado non se xogan nada, deportivamente falando, pero será algo emotivo “que nos gustaría perpetuar”, por iso lles gustaría que Calabagueiros se enchera “para demostrarlle a Jesús que non o esquecemos”. Bruno, pola súa banda, lembrou emocionado o querido que era o seu irmán polo que non “haberá mellor homenaxe”. Roberto tamén explicou que ademais do compoñente emotivo, o partido terá outro aliciente máis. “Pode que o nome do Valpaços non nos diga nada aquí pero conta no seu plantel con Antucho, un referente no fútbol sala en Valdeorras”.

O concelleiro de Deportes deu ás grazas ao club por estar aí, por institucionalizar e dar continuidade a este partido, agradecéndolles ademais que permitan aos afeccionados seguir desfrutando con este deporte.

Con respecto ao apartado deportivo do encontro, o adestrador asegurou que se afronta á tempada “máis atípica” dos cinco anos que leva nos Tres Cuñados. Presenan un plantel moi curto de xente da zona e xa levan cinco-seis lesioandos co cal de cara ao sábado “estaremos en cadro, pero ante un partido como este temos que intentar sacalo adiante o máis dignamente posible. Estou seguro de que os poucos que somos darán o nivel suficiente para dignificar un día como ese”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button