CulturaCulturaÚltima hora

O III Encontro das Artes de Vilafranca do Bierzo estará dedicado a Valdeorras

O evento será os próximos días 24, 25 e 26 de xullo, na Praza do Campairo

O Concello de Vilafranca do Bierzo acolle unha vez máis o Encontro das Artes, que este ano celebra a súa terceira edición. A exposición está organizada pola Asociación de Pintores do Bierzo en colaboración co Concello e, nesta ocasión, estará dedicada “á comarca irmá de Valdeorras”. As obras expostas poderanse visitar ao aire libre na Praza do Campairo, un emprazamento escollido pola súa aparencia pintoresca, con numerosos edificios históricos e zona arbolada.

O sábado, día 25, ás 18:00h asistirán ao encontro un representante do Concello do Barco de Valdeorras e outro do Instituto de Estudos Valdeorreses así como membros do Instituto de Estudos Bercianos e do Concello de Vilafranca. O goberno local animou á asistencia e incidiu na necesidade de cumprir as medidas de seguridade e os protocolos sanitarios contra a Covid-19, co fin de evitar aglomeracións e posibles contaxios.

 

Cartel da exposición en Villafranca. / Foto: cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button