O incendio forestal de Casaio (Carballeda de Valdeorras) continúa activo e a pasada noite chegaba a zona de Fonte da Cova. As súas chamas aproximábanse ao hotel e ao refuxio do Club de Montaña Peña Trevinca nesa zona.
Segundo a Consellería do Medio Rural este incendio afecta a unha superficie estimada dunhas 700 hectáreas (tal e como figura na última actualización feita pública no mediodía). “O lume iniciouse ás 14.56 horas de onte e na zona están a rexistrarse fortes rachas de vento que dificultan os labores de extinción. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 3 técnicos, 18 axentes, 22 brigadas, 21 motobombas, 4 pas, 3 unidades técnicas de apoio 6 helicópteros e 4 avións”, tal e como informa Medio Rural.
Fotos e vídeos cedidas.