ConcellosGalerías de fotosRubiáÚltima horaVídeos

O incendio nun serradoiro de Rubiá provoca graves danos na maquinaria

 

O incendio que tiña lugar esta madrugada no serradoiro Maderas Manuel Núñez, en Rubiá, provocaba graves danos en boa parte da maquinaria, tal como pode apreciarse na galería de imaxes e no vídeo, aínda que por sorte non houbo que lamentar danos persoais.

Segundo explican dende a empresa madereira que se dedica en boa medida á fabricación de palés, o incendio comezou de madrugada no exterior pero despois extendeuse por boa parte da nave de tratamento da madeira afectando á maquinaria e ás serraduras acumuladas. Tras saltar a alerta do 112 á 1:30 e logo de horas de traballo, os efectivos de emerxencias daban por extinguido o lume en torno as sete da mañá. Dende entón os traballadores encargáronse da limpeza e retirada de restos estropeados.

Dende o serradoiro tamén indican que a produción verase reducida pero non parará ao poder trasladala a outra nave adxacente, dando as grazas ás empresas para as que traballan, tando da lousa coma doutros sectores, que de contado se interesaron polo acontecido, ofrecendo axuda. Tamén a poboación en xeral se solidarizou coa empresa, enviando mensaxes de ánimo.

As causas do incendio están sendo investigadas pola Garda Civil.

 

Artigos relacionados

Back to top button