
O presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV), Aurelio Blanco Trincado, xunto con directivos desta entidade, reuníase neste martes 1 de outubro co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no Pazo Provincial.
No encontro falaban sobre a colaboración do organismo provincial na celebración dos 40 anos do IEV (1979-2019). Tamén comentaron temas referidos á publicación de obras do IEV e do futuro convenio de cooperación para o ano 2020.