CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O intérprete de zanfona Germán Díaz, o 8 de outubro na Ferrería de Rugando (Quiroga)

Germán Díaz./ Foto: Facebook Germán Díaz.

 

Ponse en marcha a “I Edición de Abertas de Par en Par. Recitais ao serán” (Galicia Turismo Rural Fegatur) na  Casa Grande da Ferreiría de Rugando, en Quiroga. E faino ademais da man dun músico de referencia: Germán Díaz, considerado por moitos como o “Jimi Hendrix da Zanfona”. Estará a partir das 19:30h. para interpretar “Música para Manivelas”.

Germán Díaz, persoa sinxela, desfruta coleccionando instrumentos e xoguetes musicais de manivela que con grande sensibilidade fai que sigan funcionando e emocionando. O mesmo Pascal Lefeuvre, un dos máis grandes intérpretes da zanfona, chegou a dicir que vía nél ao futuro Paco de Lucía deste instrumento.

Ten actuado por todo o mundo, posúe a súa propia discográfica e tamén é compositor de Bandas Sonoras Orixinais para teatro, cine e televisión, moitas delas premiadas en festivais de prestixio.

 

Artigos relacionados

Back to top button