DeportesÚltima hora

O IV Campionato de Petanca Festas do Cristo reúne a 18 tripletas nas pistas do Chao (O Barco)

Celébrase ao longo da xornada deste sábado 10 de setembro

 

Do Barco, de Bandeira, de Villafranca, de Vigo, do Bolo e da Coruña. É o lugar de procedencia das 18 tripletas que están a participar no IV Campionato de Petanca Festas do Cristo do Barco de Valdeorras.

As partidas sucédense aos longo de toda a xornada deste sábado 10 de setembro nas pistas do Chao, dende as 10 ata as 14 e das 16 ás 19 horas, con xantar incluído e a posteiror entrega de premios para os tres primeiros clasificados.

O torneo está organizado polo Club Petanca Valdeorras e conta coa colaboración do Concello do Barco e de diferentes empresas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button