
A Asociación Música Alternativa Valdeorras (AMAVA), en colaboración co Barbudos, organiza un ano máis un Jam Fest, que terá lugar mañá, 31 de agosto, a partires das 20:00 horas.
Esta edición non será na Praza Lauro Olmo coma os anos anteriores, senón que se trasladará á explanada do Malecón, ao lado do skate park do Barco. Así, o evento contará con dous concertos fixados, un acústico ás 20:00 horas, e un eléctrico ás 22:00 horas.
Nesta actividade actuarán oito bandas locais, das cales algunhas delas xa están consolidadas como son Reverend Goat, Sex Pistolos, Skoll, Punke hop, Azor 91, e Big Crunch. Ademais, entre as bandas que actúan, tamén haberá dúos e tríos de persoas que tocarán conxuntamente, como son Samu e Piru ou Palandro, Kañero e Edu.