DeportesKárateÚltima hora

O karateka valdeorrés Agustín Abelaira repite como vicepresidente da Federación Galega de Karate

É profesor e director técnico do Karate Club Viana e director técnico do club José Puente do Barco

Agustín Abelaira González./ Foto cedida.

 

Valdeorras está moi ben representada na Federación Galega de Karate. Se hai uns días anunciabamos a presenza de Raquel Fernández (novo membro da directiva) e Nicolás Rodríguez (repite como seleccionador de kata), hoxe informamos do cargo de vicepresidente, que de novo recae noutro karateka valdeorrés, Agustín Abelaira González, natural da Portela de Portomourisco (Petín), Cinto Negro (Quinto Dan), adestrador nacional e árbitro nacional de kata e kumite, que leva tres décadas dando clase de karate e pilates en Viana do Bolo.

Con 33 anos de historia, do KC Viana saíu o primeiro árbitro nacional da Federación Galega de Kárate, Agustín Abelaira e tal como el mesmo explica, “a pesar de ser un club que achegou moitos e grandes competidores á selección galega durante máis de 25 anos, desde hai 6 é un club dedicado á práctica exclusiva de kárate tradicional polo que non participamos en eventos deportivos”.

Ademais de profesor e director técnico do Karate Club Viana, Agustín é tamén o director técnico do club José Puente do Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button