ConcellosEntroido 2023ManzanedaÚltima horaVídeos

O latexo do Fulión de San Martiño (Manzaneda) envolve a parroquia o Domingo de Entroido

 

Nunha longa ronda que arrancaba despois do xantar dende Cimadevila (Manzaneda) e finalizaba de noite na Corredoira o Fulión de San Martiño percorría a parroquia o Domingo de Entroido. Ademais o traxecto comenzaba con versos, que logo daban paso ás danzas das Mázcaras e aos toques de bombos, sachos, gadañas, cornas, caixas e ao son das gaitas. Tampouco faltaba o Touro, que de cando en cando sorprendía coas súas acometidas.

 

 

O percorrido interrompíase cada certo tempo para coller folgos e tamén para compartir a bebida e comida que servían os veciños. Durante a ronda contábase coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button