CulturaCulturaÚltima hora

O libro sobre o matemático Germán Ancochea presentarase en Trives o 19 de agosto

O acto terá lugar ás 19 horas no Auditorio Julio Vázquez desta vila

 

O Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives acollerá na tarde do xoves 19 de agosto ás 19h. á presentación do libro “Germán Ancochea Quevedo, tributo a un pionero en la investigación matemática española”, un completo e riguroso traballo que vén de publicar a Real Sociedade Matemática Española e que po e valor a figura deste investigador con orixes nas terras trivesas.

Este volume de máis de 200 páxinas está coordinado por José Ángel Cid e Benxamín Macía e conta coas aportacións dunha ducia de autores, entre eles o historiador trivés Francisco García Sánchez, que fai unha interesante achega poñendo en relación a Ancochea con Pobra de Trives. Así, fala da familia Ancochea e da vila nas dúas primeiras décadas do século XIX, tamén do colexio “Hermanos das escolas cristianas”, do vínculo entre Germán Ancochea e Trives e da creación do IES que actualmente leva o seu nome.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button