
O Liceo de Ourense acolleu hoxe, 14 de xuño, a presentación do libro “O Porco de Pé” de Vicente Risco. Pero esta edición non é coma as outras, xa que nesta ocasión preséntase como “Edición Crítica” por parte de Oliva Rodríguez e editada pola Editorial Galaxia. Unha versión na que se fai un compendio polas figuras literarias e caricaturescas características dete clásico autor da literatura galega do pasado século.

Durante a presentación no Liceo, a fotógrafa e experta en arte, Iria-Friné Rivera Vázquez fixo un repaso polas figuras caricaturizadas de Risco, as imaxes que empregaba “moitas veces inspiradas en obras de arte cohetáneas”, dixo.

Nesta presentación tamén participou Xesús Alonso Montero e Xoán Fonseca Moretón.