













































































Baixo a ponte de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) comezaban a darse ás seis desta tarde as saídas por categorías do LIV Descenso do Sil, unha proba que congregaba nesta edición a uns 200 padexeiros de diferentes clubs galegos, entre eles o Fluvial Barco, pero tamén doutros puntos de España.
A partir de aí dábase paso a unha competición duns 7 km de percorrido que finalizaba na praia fluvial do Malecón do Barco, onde estaba instalada a meta da proba. Esta competición, que tiña como antesala un descenso popular, ten sido organizada polo Concello do Barco e pola Federación Galega de Piragüismo.
Fotos: Carlos G. Hervella/A.R.


11 de Setembro de 2022