En portadaÚltima horaVídeos

O Mago Teto trae a neve ao Barco nunha tarde con máis de 30 graos de temperatura

Coa súa actuación e co concerto de Club Riviera completábase o programa da IV Festa do Casco Vello desta vila

Publicidade

 

Con maxia e música poñíase ao broche a tres xornadas de actividades para celebrar a IV Festa do Casco Vello do Barco. O vianés Mago Teto sorprendía cos seus trucos, acompañados con grandes doses de humor, na calurosa tarde deste domingo 12 de xuño.

 

 

Pasadas as sete da tarde presentáballe ao numeroso público que se congregaba na praza Maior as súas “Novas Tolemaxias”, unha escolma dos mellores momentos dos seus espectáculos. Especialmente chamativo era o momento no que facía nevar a máis de 30 graos centígrados.

 

 

Tras a maxia, volvía a música á praza Maior da man de Club Riveira, que xa actuaba na sesión vermú deste mediodía, ao mesmo tempo que os asistentes podía desfrutar dos petiscos e bebidas nas diferentes casetas. Con este concerto completábase o programa da IV Festa do Casco Vello do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button