OurenseÚltima hora

Castañas asadas, festival Folk San Martiño e a orquestra Los Satélites, no Magosto de Ourense

Magosto 2025 na praza Maior./ Foto: Concello de Ourense.

 

O Concello de Ourense celebrará a Festa do Magosto (11 de novembro) cunha ampla programación de actividades, nas que destacan a tradicional cita gastronómica na praza Maior e a Alameda, o festival Folk San Martiño e a actuación da orquestra Los Satélites.

Previamente, o sábado 7, haberá un obradoiro de confección de instrumentos musicais de raíz e unha representación didáctica na Sala Valente.

A programación da festa, declarada de interese turístico, está organizada polo Concello coa colaboración da Xunta de Galicia e ABANCA.

PROGRAMA

Sábado, 7 de novembro

10-13 horas. Na Sala Valente, obradoiro de confección de pequenos instrumentos musicais de raíz, impartido por Xavier Blanco. Inscricións no correo electrónico cultura.negociado@ourense.es.
A partir de 14 anos. Admisión por orde de solicitude.
19 horas. Na Sala Valente, representación didáctica de instrumentos de música de raíz.

Mércores, 11 de novembro

18 horas. Na praza Maior e rúa do Progreso (Alameda), magosto tradicional: chourizo asado con bolo de masa nai, auga ou viño. Prezo: 3 euros. Degustación gratuíta de castañas. Callos e porco ao espeto.
18 horas, na praza Maior. Festival Folk San Martiño. Actuación dos grupos Ialma e Brañas Folk, coa colaboración de Pancho Álvarez, Susana Blanco e o cuarteto de zanfonas Zarandela, dirixido por Germán Díaz.
19-22 horas na rúa do Progreso (Alameda), baile coa orquestra Los Satélites.

Back to top button