ConcellosO BarcoÚltima hora

“O maior desconcerto que teñen as familias e que lles xera incertidume é o non saber”

A presidenta da ANPA do Condesa de Fenosa, centro barquense cun gromo de Covid, pide que non se culpalice ao transporte escolar e destaca a importancia do cribado

 

Con incerteza e preocupación están vivindo as familias do alumnado do CEIP Condesa de Fenosa do Barco a situación xerada polo gromo de Covid-19, que se producía neste centro escolar. “O maior desconcerto que teñen as familias, que lles xera incertidume, é o non saber. O Barco é un sitio moi pequeno e o boca a boca causa efectos negativos ao final nestas situación e, ao final, a información non chega como debería chegar ás familias, e iso é un pouco do que se queixan, de que moitas veces se enteran pola prensa de cousas, pídese que se informe a tempo para poder atallar a situación”, explica a pesidenta da ANPA do CEIP Condesa Fenosa, Betty López.

Ademais dende esta ANPA pídese que “non se culpabilice ás liñas de transporte escolar porque, tanto eu particularmente como as familias coas que temos contacto dende a ANPA, cremos que o foco non está no transporte. De feito o primeiro neno positivo non é de transporte escolar. Hai moitas familias usuarias de transporte, como é o meu caso, e están moi enfadadas porque se lles sinalizou, porque se atacou ao transporte. O transporte pode ser compartido, poden usalo antes outros nenos que non van ao noso colexio, pero os nenos dende o minuto cero que están na parada xa levan as súas mascarillas, non as quitan en ningún momento, usan os xeles, sempre van co mesmo compañeiro no asento se non son irmáns, e se o son, xan van os irmáns; e se poden da mesma aula, van da mesma aula…”, resalta Betty López.

Así mesmo, a presidenta da ANPA sinala que nestes momentos hai 5 aulas pechadas no CEIP, 4 de infantil e 1 de primaria, e destaca a importancia de que a xente participe no cribado que se está realizar á comunidade educativa do Colexio Condesa de Fenosa. “A nova do cribado caeu así de repente, sabíano os medios antes que as familias, pero a xente está a favor do cribado e mesmo de pechar o colexio no caso de que sexa necesario se iso se ve como unha solución”, indica.

Betty López comenta tamén que este cribado é clave para detectar posibles asintomáticos porque “os nenos que deron positivo nas probas das liñas de tranporte son todos asintomáticos”. E di que facelo antes da fin de semana é bo porque “se hai un positivo, pois xa non vai a ir o luns ao colexio”.

Artigos relacionados

Back to top button