ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Malecón do Barco comeza a parecer o Malecón da Habana

 

No solpor do outono, o Malecón do Barco de Valdeorras comeza a parecerse ao mítico Malecón da Habana (Cuba), cheo de vida e variada actividade.

Na tarde deste sábado 9 de outubro, en apenas dez minutos, celebrábase un aniversario con tarta incluída, había un gupos de mozas facéndose fotos co río Sil de fondo e xente paseando en bicicleta mentres outros tocaban a guitarra.

Un animado momento do día cunha luz espectacular de cores sobre a auga que pode aprezarse nesta galería de imaxes.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button