ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Meco desprega o seu ritual na Romaría da Ermida

Xunto coas Pampórnigas, o Meco abría a procesión da Romaría da Ermida (Quiroga) os días 8 e 9 de setembro. Ao concluír o percorrido, e mentres a imaxe da Virxe se depositaba no interior do templo e comezaba a misa, este singular personaxe despregaba o seu ritual no adro. Entre carreiras e burlas dos veciños, o Meco ía recollendo as moedas que lle tiraban e tamén respondía correndo tras as persoas que o provocaban e atacándoas coa súa vasoira de toxos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button