CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O medievalista José Luis Corral fala en Verín sobre os Templarios e o Santo Grial no Camiño de Santiago

A conferencia enmárcase no ciclo “O outro Camiño de Santiago” organizado pola Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal de Verín continúa co ciclo de conferencias sobre “O outro Camiño de Santiago” co que abría o mes de xuño.

Despois de Félix Castro Vicente (avogado, antropólogo e músico) que falou sobre “A música do Camiño”; e de Paco López Barxas (escritor e xornalista) que afondou sobre “O erotismo no Camiño de Santiago”, tocáballe o turno a José Luis Corral Lafuente. Na tarde do 8 de xuño, o público asistía á conferencia deste profesor de Historia Medieval na Universidade de Zaragoza, “un dos máis significativos medievalisas en toda Europa”, segundo apuntan dende a organización.

Diante dun atento público, Corral Lafuente centrouse nos “Templarios e o Santo Grial no Camiño de Santiago”, nunha singular e interesante disertación.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button