CulturaCulturaÚltima hora

O mellor do cine fantástico, no “Fancine de Lemos” en Monforte

Do 21 ao 25 de xullo desenvolverase unha extensa programación gratuíta de actividades en diferentes salas e lugares desta localidade

 

Chega o VII Festival Internacional de Cine Fantástico Fancine de Lemos. Do 21 ao 25 de xullo, unha extensa programación gratuíta de actividades desenvolverase durante cinco días nos cinemas Hollywood, Ateneo Casino, Adegas Algueira e Parque dos Condes.

Mesas redondas e coloquios en torno ao fantástico, clases mestras, encontros de festivais, así como a presentación da exposición da artista Noemí Núñez sementarán de fantasía as actividades paralelas que o VII Festival Internacional de Cinema Fantástico Fancine de Lemos ofrece de maneira gratuíta.

Ademais, “Amigo”, a ópera prima de Óscar Martín, será a cinta elixida para inaugurar esta edición. A película, cunha moi boa acollida en festivais. En Monforte contarase coa presenza do seu director e da súa produtora na gala de apertura do festival nos cinemas Hollywood.

O Festival Internacional de Cinema Fantástico Fancine de Lemos tamén é moito máis: “Fancine de Lemos é unha comunidade cun público fiel disposto a ver, a participar e a compartir paixóns cinematográficas”, expresa o codirector, Ivan Patiño. Por iso o Festival, por sétimo ano, programará unha extensa oferta gratuíta de actividades paralelas durante cinco días que serán intensos. Eventos culturais nos que conflúen o cinema, as charlas, a gastronomía, exposicións e outras disciplinas artísticas en forma de coloquios e mesas redondas, presentacións, encontros e charlas. En definitiva, un espazo plural para a opinión e a reflexión sobre o xénero que une ao público asistente con todos os invitados que formarán parte do Fancine de Lemos”, asegura o coordinador das actividades, Reinaldo Pereira.

A programación completa da VII edición do Fancine de Lemos xa se pode consultar na súa web: www.fancinedelemos.com

Fotos cedidas.

 

Cartel da película inaugural da mostra.

Artigos relacionados

Back to top button