EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

O mellor produto para celebrar a Festa do Botelo na casa

 

Hoxe, sábado 23 de xaneiro, deberíase celebrar a Festa do Botelo no Barco. Unha multitudinaria cita gastronómica de referencia dentro e fóra de Valdeorras con dúas décadas de historia, que este ano se viu truncada pola pandemia.

Coas restricións aplicadas por Sanidade para intentar frear os contaxios, o botelo non se poderá degustar no pavillón de Calabagueiros coma nos últimos anos, pero ninguén pode evitar que si se faga na casa, ben cocidiño e acompañado duns cachelos e verdura.

 

 

De feiteo, quen desexe celebrar ao seu xeito a Festa do Botelo, aínda está a tempo de facerse cun bo exemplar como os que teñen á venda na Horta de Fina e Mar ou na carnicería e chacinería de confianza (estamos no tempo e son varios os establecementos que o teñen).

O coronavirus está impedindo as xuntanzas multitudinarias pero non poderá impedir que os amantes da carne curada e dos embutidos saboree un bo botelo, elaborado coas mellores costelas adoubadas, embutidas no estómago de porco, e no seu punto exacto de afumado.

Bo proveito e feliz Día do Botelo!

 

 

Artigos relacionados

Back to top button