OurenseÚltima hora

O Mercado de Nadal de Ourense pon en valor os produtos de Artesanía de Galicia

Pode visitarse ata o xoves 5 de xaneiro no 2º andar do Liceo

 

Na mañá deste mércores 20 de decembro inaugurábase o Mercado de Nadal, que se pode visitar ata o xoves 5 de xaneiro no 2º andar do Liceo de Ourense. O evento, que ten como lema “Vive o Nadal con Artesanía de Galicia” está organizado pola Asociación de Artesáns de Ourense e conta co patrocinio da Xunta co obxectivo de potenciar a comercialización do produto artesán galego e da marca Artesanía de Galicia durante a campaña de Nadal.

A través da Fundación Artesanía de Galicia, apóiase este mercado no que participan 8 obradoiros da marca Artesanía de Galicia especializados na xoiería, na cerámica, na bixutería e na madeira. O Mercado de Nadal de Ourense está aberto ao público entre hoxe e o xoves 5 de xaneiro, en horario de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 22:00 horas.

Os obradoiros de Artesanía de Galicia que participan no Mercado de Nadal de Ourense son Artesanía Nia (Pontedeume), Luciérnaga (Barbadás) Rosa Fraiz (Vigo), María Aba (Ourense), Olería do Batán (Baños de Molgas) Bangus (Ourense), Mario López (Vigo) e Mestura de kores (Vigo).

O acto contou coa presenza do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e do Subdelegado do Goberno, Emilio González quen destacou o “esforzo e recoñecemento” dos artesáns de Ourense que “elevan a arte e a creatividade aportando un valor fundamental para a nosa provincia”. Tamén puxo en valor que “son un exemplo fóra das nosas fronteiras alcadando recoñecementos nacionais”.

Artigos relacionados

Back to top button