EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O “Mes de Amandi”, preludio da XXXVI Feira do Viño de Sober

O cartaz anunciador, así como a programación, facíanse públicos o 20 de febreiro no entorno dos Muíños do Xabrega
O alcalde de Sober, nun dos momentos da presentación dos actos do "Mes de Amandi" e da Feira do Viño.
O alcalde de Sober, nun dos momentos da presentación dos actos do “Mes de Amandi” e da Feira do Viño.

Na fin de semana do 19 e 20 de marzo Sober (Lugo) acollerá a XXXVI Feira do Viño, unha cita de vitinícola de referencia que reunirá nesta edición a 23 adegas. Desta volta o seu pregón correrá a cargo da lucense Silvia Jato, presentadora de televisión e modelo. Pero o certame terá como preludio un amplo programa de actividades incluídas no chamado “Mes de Amandi”, que se daban a coñecer en rolda de prensa no mediodía do 20 de febreiro no entorno dos Muíños do Xabrega. Nela tamén se presentaba o cartaz da mostra, obra da monfortina Andrea Rodríguez López, e seleccionado entre os 30 traballos presentados no concurso.

Un dos primeiros actos do “Mes de Amandi”, tal e como avanzaba o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián; será unha xornada de maridaxe de viño de Amandi con porco celta, que se desenvolverá o día 2 de marzo (de 12h. a 14:30h.) na Escola de Hostalaría de Rosende.

Ao día seguinte, 3 de marzo, ás 17h. o Centro Sociocultural de Sober será escenario dun obradoiro de elaboración de cócteles con viño de Amandi, da man do barista Damián Seijas e co título “Cócteles con viño de Amandi”. Ao remate farase unha degustación. O viño será asemade o protagonista da sesión de “Merendas con contos” do día 4 de marzo na Biblioteca Municipal de Sober, onde Lois Pérez relatará “Contos sobre o viño”. Ademais os venres 11 de marzo os nenos que asistan ás Merendas poderán realizar unha visita a unha adega de Amandi para coñecer o proceso de elaboración desta bebida.

Algúns dos participantes na presentación, facendo un selfie.
Algúns dos participantes na presentación, facendo un selfie.

Outra das propostas previas á Feira de Amandi será a xornada técnica “Alternativas ao viño tradicional: novos produtos”, que se impartirá o 17 de marzo a partires das nove da mañá no Centro Sociocultural de Sober. Este acto será organizado pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega).

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil
Fotos: Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button