A Rúa quenta xa motorres para a 5ª edición da Carreira e Andaina organizada polo Club Atletismo Rúa, que se celebrabrá o 30 de abril.
Cun percorrido de 8,300m. pola zona do Aguillón, estará adaptado a todos as idades e niveis. Cun custo de 10 euros para maiores de 16 anos e 5 euros para menores de 16 anos, terá dúas modalidades: andaina con saída ás 11h. e carreira ás 11:30h. Tamén hai distancias máiis pequenas para as categorías menores.
Tal como adiantan dende a organización, haberá un avituallamiento na metade do percorrido e outro na meta contando este ano como convidado con Jorge álvarez, deseñador e estilista de Viana do Bolo que será o encargado de dar a saída.
Con cada inscrición darase un obsequio e como todos os anos haberá camisetas á venda por 5 euros. “Ao finalizar farase un sorteo de agasallos coa donación de moitas empresas e tendas tanto da Rúa coma do Barco”, din dende Atletismo Rúa, destacando que “todo o recadado será para a Asociación Española contra o Cancro de Ourense polo que pretende e esperan poder chegar aos 300 participantes.
Inscricións online en: carreirasgalegas.com