EconomíaEconomíaÚltima hora

O modisto ourensán Roberto Verino abre a Semana da Moda de Madrid cunha pasarela virtual na rúa

A colección baseada no "esencialismo" dábase a coñecer a través de 15 looks fotografados en branco e negro situados nos mupis ao longo da rúa Serrano que poderán verse ata o 20 de abril

 

A través dun desfile virtual e interactivo nos mupis ou soportes publicitarios da rúa Serrano, o deseñador verinés Roberto Verino presentaba este xoves 8 de abril a súa colección Primavera-Verán 2021 baseada no “esencialismo” en colaboración co proxecto Madrid Capital de Moda.

A colección dábase a coñecer a través de 15 looks fotografados en branco e negro situados nos mupis ao longo da madrileña rúa que e animan dixitalmente e en cor achegando calquera dispositivo móbil. Esta innovadora e imaxinativa forma de presentar a colección ten que ver co respecto ás medidas de seguridade impostas polo Covid 19, por iso é polo que se faga ao aire libre e co acceso a todo tipo de público ao facelo nunha das rúas máis comerciais e concorridas de Madrid co obxectivo de “levar a moda á rúa” e que se poderá visitar ata o 20 de abril. A isto súmase o uso de novas tecnoloxías e soportes que ofrece posibilidades de experimentar e ofrecer unha visión da colección dinámica e contemporánea. A colección física está exposta na tenda de Roberto Verino situada na rúa Serrano 33.

 

O deseñador Roberto Verino xunto a un mupi.

 

Con esta colección Verino “quere reforzar o concepto pivotal do seu novo posicionamento inspirado nos Armarios Emocionais conformado por pezas que forman parte da nosa vida, que valoramos polos seus recordos, que atesouramos polo seu contido emocional e que son pequenos amuletos cotiáns que nos arroupan a alma. Son esenciais”, aseguran dende a firma.

 

Artigos relacionados

Back to top button