CulturaCulturaÚltima hora

O monólogo “Nabiza girl”, de Isabel Risco, abre a fin de semana da Festa da Bica en Trives

Esta singular superheroína rural galega chegará a esta vila ás 20:30h. da tarde do vindeiro 26 de xullo

En clave de humor comezará a fin de semana da Festa da Bica de Trives. Así o vindeiro 26 de xullo chegará á vila “Nabiza girl”, unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida, que encarna a actriz Isabel Risco.

Trátase dun monólogo-comedia que poderá verse a partires das 20:30h. no Auditorio Julio Vázquez da vila. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do espectáculo en taquilla e teñen un prezo de 5 €. As prazas son limitadas.

Nesta función de case unha hora de duración, “vémola en estado puro traballando o humor máis galego dende o clown cunha enerxía insuperable. Un bo e completo espectáculo cunha posta en escena moi teatral e un ritmo trepidante”, din dende o Concello de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button