ConcellosÚltima horaVilamartín

O mural de Córgomo en homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán vai collendo forma

 

Un gran sol, un cactus, o retrato de Florencio, o ceo,… Son algúns dos elementos que conforman o mural que Chere e os veciños de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) están elaborando no Barrio de Surrego, en homenaxe ao poeta local, Florencio Delgado Gurriarán.

Tal como explica o propio artista, autor do deseño, o que intenta é reflectir a relación entre Florencio e por ende Córgomo con México, onde o poeta estivo exiliado, sabendo manter a identidade galega pese ás circunstancias. Para iso, xoga moito coas cores (verde, branca e vermella da bandeira mexicana; azul da galega,…) incluíndo un cactus elaborado con teselas de cerámica de Sargadelos.

 

 

Os traballos comezaban na mañá deste sábado 7 de maio e continuará ao longo da tarde, esperando rematalo mañá pola mañá.

Promovida pola Asociación de Mulleres Rurais e polos veciños de Córgomo, coa colaboración da Comunidade De Montes de Córgomo e  do Concello de Vilamartín de Valdeorras, esta é unhas das actividades que se están realizando e se van a realizar na aldea natal de Florencio, como o arranxo de rúas e o embelecemento do pobo en xeral con maceteiros, placas cos nomes das airas e barrios, coa restauración de bancos,…

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button