O espectacular mural que dende hai días está a realizar o artista vilamartinés Orde.Caos na praza das Airas, na zona vella do Barco, xa está na súa recta final. Veciños e visitantes da zona admiran xa esta fermosa creación, promovida polo Barco Centro Comercial Aberto co apoio do Inorde.
Nela réndese homenaxe aos principais sectores produtivos económicos de Valdeorras, pero tamén ao seu patrimonio cunha clara referencia ao Camiño de Inverno, que precisamente pasa á beira do mural.
Fotos: A.R.