CulturaCulturaÚltima hora

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle a presentación dun libro sobre o mestre Bernardino Graña

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle mañá, 19 de abril ás 20:00 horas, a presentación do libro “Bernardino Graña Refojos. Crónicas de Cangas (1930-1933) e mestre en Ribadavia e Cangas”, coordinado por Tonino Graña, Iago Santos Castroviejo e Amalia Soage Morales.

Esta publicación está dedicada, como o seu propio nome indica, ao mestre humanista e xornalista Bernardino Graña Refojos, que exerceu a docencia en Ribadavia, no Colexio Akademos, e en Cangas, na Academia Morrazo. Esta obra ten unha estrutura dividida en tres partes. A primeira dedicada á colaboración de Graña no xornal “El Pueblo Galleo”, entre os anos 1930 e 1933; tras iso hai unha autobiografía do mestre e, finalmente, o terceiro capítulo contén escritos de alumnos seus no Colexio Akademos de Ribadavia e na Academia do Morrazo de Cangas. O libro complétase cunha presentación de Antonio Graña Graña e coa lembranza de Bernardino Graña Refojos feita por Xesús Alonso Montero.

Na presentación participarán Juan Bande Alonso, Xesús Alonso Montero e Iago Santos Castroviejo.

 

Cuberta do libro que se presenta mañá.

Artigos relacionados

Back to top button