OurenseÚltima hora

O músico rues Magín Blanco acturará na III Gala Solidara Por Eles TEA

Será o día 29 de marzo no Auditorio Municipal de Ourense

Magín Blanco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Un ano máis Por Eles TEA propón aos ourensáns un espectáculo para desfrutar en familia e, ao mesmo tempo, colaborar na concienciación sobre a diversidade e profundizar no coñecemento do autismo. Para iso, animan á sociedade a asistir á III Gala Solidaria que terá lugar o día 29 de marzo no Auditorio Municipal de Ourense.

A gala estará conducida pola presentadora e cantante Tamara Pérez, moi coñecida polas súas colaboracións en distintos programas da TVG (Bamboleo, Quen anda aí, Luar,…). “Nesta edición contaremos cunha madriña de luxo, a cantante galega Uxía, artista cunha longa traxectoria musical que este ano está a celebrar o seu corenta aniversario na música, tamén coñecida pola súa sensibilidade ca diversidade e nós agradecémoslle a súa xenerosidade ca nosa asociación”, din dende o colectivo.

O acto contará con actuacións de artistas da terra, como Magín Blanco ou o dúo Jony e Fabián, e de fóra dela, como Ángel Cerezuela, que vén de Madrid a cantar un tema do seu novo disco. “E, coma sempre, teremos aos nosos queridos artistas de Estudio Repenica e Academia Drop, que estarán acompañados nalgúns temas polos bailaríns de Tic’s Espazo de formación artística e Muma’s Troop. Todos acompañados por unha banda profesional formada por Sergio Tannus, tamén director musical da gala, María Mendoza, Pepe Silva e Rafa Morales”.

 

Ángel Cerezuela.

 

Dende Por Eles TEA agradecen a “colaboración absoluta do Concello de Ourense para organizar este evento e, por suposto, a xenerosidade dos nosos patrocinadores, que nos permite organizar este luxo de espectáculo. Moitas grazas por escoitar e atender as nosas peticións. Ca vosa axuda este proxecto segue a medrar cada ano”.

Esta gala abre as actividades que propoñen dende Por Eles TEA para celebrar o Día Mundial do Autismo. “Actividades coas que tentaremos mostrar as realidades do autismo para dar un pasiño máis na busca da inclusión e da aceptación. Durante o mes de abril imos celebrar varias conferencias dirixidas a familias e profesionais que traballan no eido do TEA que serán de acceso libre. Seguindo ás peticións e necesidades das familias, este ano centraremos as charlas na adolescencia e os seus desafíos. Esperamos que teñan tan boa acollida coma as do ano pasado”.

Artigos relacionados

Back to top button