ConcellosTrivesÚltima hora

O neumólogo Julio Ancochea será nomeado Fillo Predilecto de Trives

O trivés Julio Ancochea, neumólogo e presidente da Asomega./ Foto: Asomega.

 

O Concello de Trives vén de anunciar que o neumólogo e presidente de Asomega, Julio Ancochea, será nomeado Fillo Predilecto do municipio. “Así o aprobou o pleno municipal a proposta do grupo de goberno, tras un decreto de iniciación do expediente de honra emitido pola alcaldesa, votando a favor a oposición. De feito, todos os puntos do pleno foron aprobados por unanimidade”, indican dende o equipo de goberno trivés.

Nesta mesma sesión plenaria tamén saía adiante unha moción socialista, presentada pola alcaldesa, Patricia Domínguez, para que os trivese elixan o hospital ao que queren ser derivados, entre Ourense e o Barco de Valdeorras.

“Outro acordo relevante foi o de recuperar as competencias en materia de tráfico, unha vez que se acaban de incorporar dous axentes. Previamente, foran transferidas á Garda Civil pola ausencia policías locais”, din dende o Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button