A VeigaConcellosÚltima hora

O observatorio astronómico de Trevinca abre as súas portas en novembro

 

Finalmente será neste mes de novembro cando se poña en marcha o Centro Astronómico de Trevinca, no marco dunha serie de actividades o mes de novembro, logo de que se fora aprazando a súa apertura en diversas ocasións

Dende o Concello da Veiga asegúrase que xa existen “demandas de colexios de toda Galicia así como de numerosos visitantes. Varias universidades se puxeron en contacto no propio Concello para comezar labores de investigación”.

Como punto de partida durante a fin de semana, do 5 ao 7 de novembro, celebraranse as sétimas xornadas de AstroTrevinca. Son as primeiras que se celebrarán íntegramente no Centro Astronómico de Trevinca e no seu planetario, onde se desenvolverán moitas das actividades.

Nas xornadas desenvolveranse conferencias, sesións de planetario, observacións astronómicas e visitas guiadas durante toda a fin de semana. “Todas elas dirixidas a calquer persoa con interese pola temática astronómica. A inscrición xa pechada con 90 persoas como asistentes, que desfrutarán do centro e de todas as súas instalacións.

O programa de AstroTrevinca é o seguinte:

05 Novembro
19:30 Recepción.
20:30 Observación
06 Novembro
10:30 Presentación e Inauguración das Xornadas
11:00 “La lencería del Cosmos”
12:00 Observación Solar
13:00 “Manual de instrucciones de un agujero negro”
14:30 Comida
17:00 “Aproximación a la astronomía musulmana; historia y legado”
18:15 “La pelea de la ciencia contra el cambio climático
19:30 Planetario
21:30 Observación astronómica
07 Novembro
11:00 Visita Hosting de telescopios
12:00 Finalización das xornadas

Durante a semana do 15 ao 21 de novembro o Centro Astronómico de Trevinca estará aberto para todos os colexios da comarca e arredores. Serán convidados a visitar o Centro representantes dos alumnos, primeiramente do Colexio Público Eduardo Ávila Bustillo da Veiga, para continuar cos demais colexios da comarca e limítrofes.

Os días 27, 28 e 29 de novembro os vecinos/as da Veiga podrán visitar o centro de maneira totalmente gratuita. Sempre con inscrición previa, para poder cumprir coas medidas de seguridade.

Estas xornadas de portas abertas permitirán visitar o observatorio, o Planetario, o simulador, postos de realidade Virtual, sala de exposicións, etc. sempre guiados polos responsables do Centro.

No ano 2015 a Fundación Starlight outorga o recoñecemento a Trevinca de Destino Turístico Starlight, recoñecendo con esto as excelentes cualidades do ceo nocturno para a observación astronómica.O Centro Astronómico de Trevinca é unha realidade seis anos despois. Nace co obxectivo de incentivar definitivamente o astroturismo e aproveitar as privilexiadas condicións que ofrece o ceo de Trevinca.

O centro promoverá a realización de talleres e cursos de astronomía, visitas guiadas, sesións de planetario, proxeccións con narracións e demais actividades astronómicas.

Foto cedida polo Concello da Veiga.

Artigos relacionados

Back to top button