En portadaÚltima horaVídeos

A Veiga despide o Entroido cunha multitudinaria xuntanza de folións e máscaras marcada pola chuvia

 

A son, a tradición e a cor, pero tamén a chuvia e o frío, eran os protagonistas da VII Xuntanza de folións e máscaras coa que A Veiga despedía o Entroido na tarde deste sábado 8 de marzo.

Entre refacho e refacho de auga e vento desfilaban os participantes nesta edición da xuntanza, a máis númerosa, que remataba con petiscada e festa no pavillón polideportivo da Veiga.

 

 

Segundo as previsións, desfilaban 17 fulións: A Veiga, As Tablillas Valdín-Porto, Arrieiros de Petín, Piñeiro, Petín, O Tameirón, O Fiadeiro, Penouta e Ramilo, Os Labregos, Cabo da Vila, Carracedo da Serra, Buxán, Bembibre, Chandrexa de Queixa, Fradelo, Vilariño de Conso e Mormentelos. Ademais de máscaras tradicionais: Oso de Salcedo, Cabreiros de Muíños, Os Peteiráns de Freás, Chocalleiros de Vilardevós, Follateiros de Lobios, Danzantes e vellos de Vilameá, Vellarróns de Castrelo de Cima (Riós), Felos de Maceda, Charrelos, Boi e a Morte da Veiga. Un total de 26 grupos e preto de 1.000 persoas.

 

 

Ver vídeo

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button