A VeigaConcellosÚltima hora

Trevinca, uno dos mellores lugares para observar o eclipse parcial de Sol do 29 de marzo

O Centro Astronómico organiza unha observación guiada desde as 10:45 ata as 12 horas

O director do Real Instituto y Observatorio de la Armada (ROA), Antonio Pazos.

 

O Centro Astronómico de Trevinca organiza unha observación guiada da eclipse parcial de sol do 29 de marzo, desde as 10:45 ata as 12 horas no marco do Ao-Majisti Festival que se celebra no Concello da Veiga, poñendo ao dispor dos asistentes lentes para eclipses.

 

 

Para tal ocasión contará co director do Real Instituto e Observatorio da Armada (ROIA), Antonio Pazos García, quen impartirá unha conferencia sobre “o trío de eclipses de máxima categoría que cruzarán a Península en 2026, 2027 e 2028, unha era astronómica inédita en España”. Pazos, poderá falar tamén “de cambio de hora en España prevista para este mesmo día, pois o ROIA mantén o patrón da unidade básica de tempo e dita a hora oficial en España”, indican dende o Centro Astronómico.

 

Artigos relacionados

Back to top button