CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O Orfeón Caldelas, no Concerto do Día da Nai en Gondomar

 

O Orfeón Caldelas era unha as agrupacións musicais participantes no Concerto do Día da Nai en Gondomar. Nel tamén actuaban as Corais Polifónicas de Teis (Vigo) e Santa Eulalia de Donas (Gondomar). “Grazas ao alcalde de Gondomar Paco Ferreira, o caldelao de Pesqueiras residente en Gondomar Elías, organizador do evento e a todos os gondomareños que disfrutaron da música e nos recibiron con gran amizade”, dicía a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

 

 

Neste concerto tampouco faltaba a bica manteigada caldelá. O Orfeón Caldelas conta con 25 membros a 4 e 5 voces. Está presidido por Teresa Fernández e dirixido por Manuel Vilas.

Fotos e vídeos cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button