CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Orfeón Trives comeza en Agolada (Pontevedra) as actuacións da tempada estival

Será no Concerto de Primavera o vindeiro 4 de maio

O Orfeón Trivés nun concerto no Auditorio Xulio Vázquez./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Pouco a pouco o Orfeón Trivés vai concretando a xira de actuacións para a tempada estival. A primeira será o vindeiro sábado 4 de maio ás 19 horas no Auditorio Municipal de Agolada (Pontevedra), no Concerto de Primavera organizado pola Coral Polifónica de Agolada e que contará tamén coa Coral Estelas do Mar de Mugardos.

Para esta primeira actuación o Orfeón Trivés que dirixe Sandra González ten preparadas cinco obras: O Sacrum, Agüita del río, Chiquitita, Ruada de Chamosa e Negra Sombra.

No mesmo mes de maio, o sábado 25 actuarán en A Capela (A Coruña) cun repertorio variado; e xa no mes de xuño, o día 22 desprazaranse ata Ponferrada para actuar xunto a outras dúas corais (a anfitrioa e a de Cudillero, nun festival no que cada coral interpretará un repertorio de música popular (leonesa, asturiana e galega).

 

Artigos relacionados

Back to top button