CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Orfeón Valdeorrés celebra Santa Icía na Catedral de Mondoñedo

 

Ata terras lucenses desprazábase nesta fin de semana o Orfeón Valdeorrés. Esta agrupación coral, que dirixe José Ramón Mansilla e preside Luisa Álvarez, honraba á patroa dos músicos, Santa Icía, cunha dobre cita. O domingo 26 de novembro ás 12h. cantaba a misa na Catedral de Mondoñedo e, a continuación da eucaristía, tras o pedimento do Deán da Catedral, ofrecía unha pequena actuación.

Así o Orfeón Valdeorrés cantaba “Christus factus est.” (de A. Bruckner), “Adiós, lucero de mis noches” (J. Trayter), “Lela” (Alfonso R. Castelao, harmonizada por J. Ramón Mansilla) e “My Way” (C. Francois/J. Revaux). “Viñemos encantados e moi agradecidos polo trato alí recibido”, destaca a presidenta do Orfeón Valdeorrés.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button