CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de Santa Icía do Conservatorio e da Escola de Música do Barco

 

Sobre o escenario e botando man de diversos instrumentos e estilos, o alumnado do Conservatorio e da Escola de Música do Barco celebraba na tarde deste 22 de novembro o día de Santa Icía, patroa dos músicos.

O concerto, celebrado no Teatro Lauro Olmo, incluía unhas oito actuacións, as que ían dando paso dous presentadores, tamén alumnos destes centros. O programa abríase cun dúo de guitarra formado por Luz González e Antía Prada, que interpretaban “Melodía desencatada” (B.S.O. de “Ghost”), a partir de aí viña “Meditación de Thais” (J. Massenet) da man de Ángela Fernández (violín), Nicolás Rodríguez tocaba ao piano “Elegy for the Artic” (Ludovico Eunadi), Lara Rodríguez (á frauta) daba paso a “Claro de luna” (Augusta Hames) e Iván Losada, ao violín, interpretaba “El Castillo Ambulante” (Joe Hisaishi).

 

 

Tamén soaban no concerto as pezas “Brutal Saxophone” (Thomas Doss) por parte de Iria Bárbara (ao saxofón), “Sonatina” (B. Bartok) da man de Miguel Ortiz (piano) e “Fantasía popular para gaita e piano” (E. Campos) por parte de Javier Fernández (gaita).

Así, nesta actuación tomaban parte alumnos e alumnas de diferentes niveis e especialidades.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button